A situación atlántica da Ría de Arousa proporciona unha bela formación paisaxística, cun clima privilexiado para o cultivo da vide. Así nos montes e vales, sempre verdes que rodean a ría, podemos observar os cultivos de uva albariño que con traballo e dedicación nos permiten elaborar este viño, que alcanzou nos últimos anos un gran prestixio a nivel nacional e internacional.

Ademáis, nesta zona, pódese gozar de magníficas praias, bañadas por un mar que nos obsequia con mariscos e peixes de fama recoñecida, que constitúen en acompañamento perfecto para degustar o noso viño.